lunes, 23 de julio de 2012

RECETAS TIPICAS DE ORTIGUEIRA


Bertóns recheos

Ingredientes:

Bertóns, restos da carne do cocido , fariña, caldo limpo, ovos, aceite e cebola (opcional).

Escaldar os bertóns e logo metelos en auga fría. Deixalos arrefriar.

Sofre ir a cebola picada. Mezclala coa carne trocada miúda , engadir os ovos ( batexados ou ao natural). Remexer todo e deixar repousar un anaco.

Ir recheando os bertóns coa carne e pechalos. Logo rebozalos en fariña e ovo, freílos e poñelos no caldo limpo e cocelos uns 20 minutos a lume baixo.


Fricasé de carne ou cocido pobre

Ingredientes:

Garavanzos, pito da casa, carne de porco ou vitela con óso, un anaco de xamón, chourizos, cebola, tomate, pementos de lata, loureiro, cravo, azafrán, viño branco, aceite e sal. Allo e pirixel para o amoado.

A véspera poñer os garavanzos a mollo e trocear a carne en anacos pequenos, rebozala co amoado de allo, pirixel, sal e aceite.

Cocer os garavanzos en auga con sal e unha cebola cuns cravos chantados.

Dourar a carne nunha tixola e logo poñela na pota onde imos facer o fricasé.

Colamos o aceite da tixola e pochamos a cebola e o tomate. Logo botámosllo enriba da carne co viño branco. Deixámolo cocer uns minutos, engadímoslle auga, azafrán, o chourizo e o xamón picados e o loureiro. Cocer ata que todo estexa tenro.

Mesturar todo xunto e picar os pementos engadímosllos tamén, deixar cocer uns minutos todo xunto e logo deixar repousar aló menos uns 10 minutos. 



Torta batida de améndoa

Ingredientes:

12 ovos, ½ kg de azucre, ½ kg de améndoa moída e pasta quebrada.

Batuxar os ovos co azucre ata que aumenten o dobre ou triple do volume logo añádeselle pouco a pouco as améndoas pero sen batuxar, solo remexendo.

Ponse unha base de masa quebrada no fondo logo añádese o batido a por riba bótaselle azucre, métese ao forno xa quente a uns 180º unhos 45 minutos máis ou menos.

 Mª Carmen Villalba

A LENDA DOS NOSOS ANTERGOS





Según a lenda a parroquia de San Claudio encontrábase situada entre o que hoxe lle chaman Mouriños, A Nogueira A Calloga e Barco Feito. Nese entorno estaba a Igrexa e arredor mil habitantes, despois de un gran terremoto inundouse todo, quedando todo o pobo somerxido, e dende entón a ese lugar chámase Tristimil. Algún antergo contaba que había persoas que aínda se acordaban de ver a punta da torre da Igrexa, cousa que xa dudo un pouco.

Seguindo falando de lendas e da misma parroquia, dise que existiu unha mina de Cobre, desta lenda quero dicir que me parece que pode haber moito de certo por non dicir que si é certo, pois, entre os lugares de Curro, Casanova, Bodeguiña e Goimel existe un regato chamado Cano da Mina, e na miña acordanza entre os lugares de A Bodeguiña e Goimel existían uns socabóns de dous ou tres metros de diámetro nas que se podía apreciar claramente que en ambas direccións existían unhas covas como galerías, e nos terreos que naqueles tempos se traballaban na marxen do chamado Cano da Mina en vez de pedras como na maioría dos terreos. A maioría eran pedras de escoria de Cobre, entre o lugar de pousada e Bodeguiña hai unhas leiras chamadas Venaqueira que quere dicir vena ou veta da mina, esta mina non foi cerrada porque a súa explotación non fose rentable, foi pola mala xestión administrativa.
Seguimos falando da mesma parroquia e vamos ás raíces da festa da Xilde, parece ser que as raíces do que hoxe é coñecida como a festa da Xilde naceu polos anos despois da guerra promovida por un mestre destinado nese lugar e nace co nome de festa da árbore pois dito mestre xuntaba a todos os mozos de San Claudio o segundo domingo do mes de Maio invitándoos a unha merenda e a plantar unha árbore, anos máis tarde pasou ser festa da Xilde.
Entre os anos 1959 e 1961 constrúese unha pequena capela facéndoa un pouco mas grande anos mas tarde, a Virxe dos desamparados foi enviada desde Valencia por Don Xosé María Seoane Sierra, tenente de oficinas militares, destinado por aquel entón en Valencia, a campá creo que foi doada por don Vicente Piñeiro Senra e Dona Mª Dolores Seoane Sierra emigrantes en Venezuela. Quero dicir que o día que se inaugurou foi todo un acontecemento nunca se vira semellante concentración de xente na Xilde pois todo o que son as chaeiras de A Xilde, Lastigueira e a Venta, estaban tapadas por cabezas humanas, por primeira vez víase chegar un coche á Xilde, era o coche do Bispo, pois a pista que uniu a Xilde coa estrada Ferrol-Viveiro inaugurouse o 12-10-1971, facéndose unha gran sardiñada na eira do Camiño Grande, que por certo, para ser a pista de estreo tivemos que sacar os coches a man pois a pista soamente era de terra e a xunta da tarde deulle por chover e converteuse nunha pista de patinaxe,o que non tiña coche tamén patinaba pois a parte de chover por fora tamén choveu por dentro.
Quero dicir tamén que a primeira corrente que houbo en San Claudio a 220 V foi nos lugares de A Bodegiña e Goimel alumeou por primeira vez o 27-8-1958.
Bueno quero dicir que San Claudio non é un pobo basado en lendas, pois era un dos pobos mas prósperos da comarca, contaba cunha feira cada terceiro domingo do mes onde se compraba e vendía toda clase de animais e productos agrícolas, tiña cine O Mesón, tres salóns de baile, salón de Graña, salón de Chentola e salón de Tras do Rio, tiña unha cerámica onde se facían ladrillos e tellas, tiña tres equipos de mallar o trigo conpostos por motor, trilladora e limpadora, tiña aserradeiro de madeira, catro panaderías casa Juana, Rodrigo do Cristo, José Mera e casa Serapio tiña sete muíños de auga o muíño do Mar, muíño de Candales, muíño de Andrés de Pepa, muíño de Pajón, muíño da Rega, muíño do Curro e muiño de Pormadelos, tiña un muíño eléctrico o de Andrés Fernandez (o manco) tiña sete forxas as de Parapar e Cobelo na Xilde, Marcos Mauriz no Orxado, Cordido nos Palmarios,Vicente Pinón na Bodeguiña, Andrés Rodríguez Graña, no Grañeiro e Ramón Piñeiro no Outeiro, tiña dúas fondas casa Graña e o Mesón, tiña carnicería o Mesón, e varios establecementos mixtos,como o Ventorrillo, o Almacén(casa Ferro) o Pichel, casa Chao, casa Pernas, casa Paco do Cristo, casa Pancholo, Bar do Mesón, casa Chentola, casa o Grañés, casa Pepito Lindo e casa Rodrigo, tamén tiña algún quincalleiro como a Remosca, o Lisco e Ofelia do Lagarnovo, tiña talleres de costura como o de Josefa Cornide, Antonia Rodriguez, Ilda Rodríguez e Pepa da Rega de onde saliron moitas e voas modistas.
Tiña empresa de construcións de carretera como era empresa Piñeiro, hoxe empresa Piñeiro Lopez .S.L, tiña zoqueiros como Baldomero Gómez na Rega, José Picos en Insuela e Benito Fernández no Lagarnovo, tiña médico pero non un médico calquera era un médico especialista en Raios X e ciruxía como era o Doutor Don Bernardo Escudero. Tiña dous estancos casa Peña e casa Graña, dúas barberías a de Pajón e de José Area Villalba, contaba co segundo mellor taller de mecánica despois de Chavín dende Ferrol a Ribadeo, era o taller dos irmáns Rodríguez do Correo, no lugar da Armada pódese dicir que foi onde naceron os eólicos, pois con unha dinamo movida por unhas aspas ca forza do vento producían corrente para consumo propio, tiña xastrería de José Seoane Sierra na Figueira, tiña cinco zapateiros, Salvador Seoane no Xestal, José Corgos na Casilla, Xesús Pérez nos Palmarios, José Fojo en Alvariños e Alfonso de Urbano entre a Lastra e a Galiñeira. Referente a o ensino, cultura e educación foi unha aldea onde pasaron mestres da calidade como, Novás, Don Casto, Dona Dolores, Don Avelino, Don Jesús, Felpeto, Dona Cándida, Don Antonio, Dona María, Don Paco e Don Ramón, estes mestres impartían clases en locales habilitados para tal fin, pois en aquel entón non había escolar, as clases dábanse no salón de Tras do Río, salón de Chentola e para os nenos do alto de San Claudio habilitouse un local na Xilde, máis tarde polos anos mil novecentos vinte e pico os Indianos emigrados na diáspora xuntaron cartos para facer un escolar, este escolar contaba con sotano,1ª e 2ª planta e faiado, equipárona cunha cociña de gas para que os nenos poideran tomar leite quente no inverno, este leite facíase con auga fervida e leite en po, tiñan máquina de escribir para que os nenos e as nenas aprenderan a escribir a máquina, ectamén a dotaron de unha maáquina de coser de pé para que as nenas aprenderan a coser, este edificio hoxe e patrimonio da parroquia e foi remodelado ca mais moderna tenoloxóa ee un dos centros sociales mellores da comarca,eu ,e sopoño que todos os de San Claudio quero ter un recordo moi especial e un agradecemento a todos eses indianos que coa dor que supón a morriña de estar lonxe da terra non escatimaron esforzos para que San Claudio non quedase atrás no ensino. Respeto a cultura musical San Claudio foi un viveiro de músicos para as distintas formacións musicais da bisbarra podemos citar a Pajón, Rodrigo Doce Carrrodeguas, Anselmo Seoane Sierra, Tucho Peña Corgos, Carlos Piñón Villalba, Fracisco Castro Seoane, José Duran Pego(Pepulo) Luis Fraga (Luis de Pichel) Fernando do Viudo, Eduardo e Juan Villar Villar,Jesús Breijo (Suso de Valelle) Daniel Méndez (Daniel do Plantío) Antón Cornide(Chucho de Faxín) Francisco Pérez (Farruco) José Cornide (Becos) Manuel Fojo Cortés (Manolito de Foxo), a mala sorte quixo que se truncara unha promesa da música, pois sendo moi xoven dirixíanse a tocar á parte de Viveiro no autocar de Pena Boa das (Barbelas) A Barqueira, nas curvas de Escourido o autocar volcou e con tal mala sorte Manolito e un compañeiro chamado Roibas quedaron atrapados debaixo do autocar perdendo a vida, a música que era para bailar e dar alegría quedou de loito pola perda de estas dúas persoas e dos talentos musicais. Na cultura do deporte o C.F Mezquita era un dos equipos máis competitivos da comarca, contaba nas súas filas con xente como Jesús e Julio Seoane Sierra, Luciano,Cesario e José Alonso(Os de Montes) Vicente Piñeiro Senra, Nicanor Martínez, Baldomero Álvarez (Vevito) Antonio e Manuel Iglesias Barrro, Conrado Barro Cornide,Vicente Cornide (Chente do Coto)Tucho Peña Corgos, Manuel Rodríguez (Zamora) Manolo e Pepito de Viveiro, José Gómez(Pepe da Ouvella Queixo) Carlos Gómez Piñeiro ( O Serrano) Javier Gómez Ínsua,Constantino Pérez Ínsua (Tinolo) Ramón Piñón Villalba, Mario Doce Ínsua(Cachito) José Manuel Peña Fraguela (Pichón) e Francisco Castro Seoane, Fracisco e José Lorenzo Area.
San Claudio tamén tocou a rama do séptimo arte pois representou con gran éxito dúas veces en San Claudio unha en San Adrian e outra en Ortigueira a mellor obra de Castelao “Os Vellos non deben Namorarse”,na que tiven o placer de compartir reparto cos protagonistas da misma, eu facía o papel de Dn Ramón un vello rico,verde e borracho,(quero decir que o papel de borracho non me custou moito caro facelo,pois na queles tempos tiñao ben esaiado) dede aquí quero ter un recodo e un agrdecemento moi especial a on oso director, Ramón Piñon Villalba Q.E.P. D. a Antonio Martínez Pereira e José Ramon Doce Seoane pois sin estas tres persoas sería imposible representar xemellante obra.
Quero lembrar dúas construcións simbólicas en San Claudio que foron construídas alá polos anos 1915 e 1925 por un mestre de obras de Ortigueira chamado Román digo eu que sería o pai do que foi arquitecto do Axuntamento Dn Alfonso Román,estas edificacións son o chalet de Carelle hoxe propiedade de Manuel Vilela e Isabel Mera, e a outra e o chalet de Peña, hoxe propiedade de José manuel Franco Caaveiro(Cheivan) e Matilde Martinez,digo que son sinbólicas porque creo que non houbo parella de noivos que casaran na Igrexia de San Claudio que non sacasen fotos diante destes chales cas súas palmeras e as súas galerías de fondo,e simbólico para min porque meu avó emigrou a Cuba e por desgracia como outros tantos voltou con unha man diante e outra atrás, pero, iso si, trouxo varios baúis cargados de ferramenta para traballar a madeira, naqueles tempos non abia por estes contornos talleres de carpintería de madeira e meu avó foi quen fixo esas bonitas cornixas e galerías. Bueno vou facer un alto no camiño, pois mas adiante gustaríame sacar a luz unha faceta que teño gardada no baúl dos recordos dende hay moito tempo como e a faceta do humor,p ois meu avó e máis eu tiñamos unha empresa de non facer nada onde traballábamos os dos soos e eu era o encargado do personal,e como di o refran que en tódolos traballos se fuma cando nos sentábamos a fumar un pitillo meu avó facíame contos os cales teño gardados porque non vin un oco pa lanzalos á luz, pois morreu Eugenio, Miguel Gila,desfixéronse Martes e Trece e Cruz e Raia pero sempre sale algún intruso como por ejmplo algúns políticos que non saben como teñen que facer as cousas entón dedícanse a contarnos contos.Quero decir que se isto sale a luz é gracias a unha persoa de unha calidade humana fenomenal e con tanta paciencia como a area ten un deserto, pois sin esta persoa eu non seria capaz de facer isto,esta persoa e Verónica Barcón, gracias Verónica.


Bueno non se me ben mas nada á miña cachola, soamente pedir desculpas si algúns datos non son exactos, espero que alguén se quere e pode que colabore o meo escrito e se pode aportar algún dato ou fotografía sobre o particular quedarei moi agradecido.

GOIMEL



lunes, 16 de julio de 2012

O QUE SUCEDEU NO VELORIO DE MARÍA DOS QUEIXOS


María Monteiro Garrote, máis coñecida por María dos Queixos, porque trataba neles, ía polas casas mercando neles e logo os vendía no mercado en Ortigueira e nas feiras. Vivía no lugar de Meixido, a menos de cen metros da miña casa. Non tiña parentes achegados agás duas sobriñas e un sobriño, solteiros tamén coma ela, foron os que a cuidaron na hora da súa morte acontecida polo Nadal do ano 1941.
Esta muller era unha persoa moi solitaria, nin á casa dos sobriños ía  salvo por moita necesidade , aos veciños saudábanos e seguía o seu camiño sen entrar en conversación, motivo polo que cando morreu ninguén sintiu grande pesar por ela.
A noite que morreu, aló polas once, as sobriñas convidaron a todos os que a estaban velando, ás mulleres con viño doce e aos homes con coñac, como era costume nos velorios. Como bebida había en abundancia á xente foiselle subindo o alchol á cabeza, deron en contar contos coma se se tratara dunha tasca ou dunha fía de liño. Entre os presentes estaba un home moi contista, aínda co que contase non tuvese moita gracia, el facía rir ao Demo coa maneira de contalo. Cando todo era silencio no sobrado , soamente a voz do contacontos máis o estalido das charamugas que producía o sal que lle botaban aos círios para que non ardesen tanto, sentiuse un laio tan forte que todos se puñeron de pé e botaron a correr para o curral. Cando xa estaban todos fóra, unha muller dixo, Xesús que lle pasaría á pobriña da María para queixarse así? pobriña, canto ela estará sofrindo para pegar semellante berro.

Un dos homes que estaba escoitando comezou a sintir vergonza de si mesmo, por haber saído para fora coma os demais, entón, coa voz aínda medio tremosa, dixo, rapaces, hai que volver para dentro? Ese berro non foi a defunta quen o deu, vamos outra vez para o sobrado? o home entrou, pero ao tempo que subía as escaleiras miraba para atrás, con disimulo, haber se os demais o seguían. Ao chegar ao sobrado comprobaron que a defunta seguía no cadaleito.
Todos se volveron a sentar cada un onde estaba antes, pero non houbomáis contos en toda a noite. Do único que se falou foi de onde sairía aquel berro tan forte.
O día seguinte foi o enterro. A xente que ía no acompañamento seguia a comentar o sucedido no velorio. Cada vez era meirande a confusión do que aquelo puidera ser. Aquel laio escoitarase tamén por toda a bisbarra e todos coincidian que fora a mesma hora do velorio pero cada un afirmaba que fora diante da súa casa, a pesar de haber máis de dous quilómetros de distancia entre uns lugares e os outros.


Pasou o día do enterro , pero os comentarois seguían. O pobo estaba preocupado. Eran os anos despois da Guerra Civil, a Guerra Mundial estaba andando. No noso país había moita fame e os raspiñeiros andaban a roubar pola noite no maínzo nos hórreos. Os máis desconfiados pensaban se sería obra dalgún destes amigos do alleo para que ninguén saíse da casa pola noite a estorbarlles de realizar o seu cometido. Outros falaban se sería algunha ánima que estivese penando, para que rezasen por ela para que a librasen daquel sufrimento.


Un home que nacera na montaña de Lugo, opinaba se sería unha loba quente. Dicía que el as tiña escoitado moitas veces e berraban da mesma maneira.


Despois deste acontecemento, cando xa pasaran algo máis de duas semanas, houbo unha fía de liño no lugar da Veiga, mentres as fiadoras estaban ceando volveuse a sentir outro berro coma o que se escoitara no velorio. Os homes sairon todos para fóra e atopáronse con tres veciños do lugar de Lombao, a risas, un deles coa bocina dun fonógrafo debaixo do brazo.


A partir daquela noite a xente quedou máis tranquila por haberse aclarado de onde saíra o berro. Pero os roubos do maínzo nos hórreos aínda seguiu uns anos máis.

Narciso

A LENDA DA RAÍÑA FALADOIRA DA SERRA

Conta unha lenda que alá pola Idade Media en Galicia mandaba un rei suevo chamado Resismundo e maila súa dona, a raíña Hidelfrida.

Ao rei andábanlle con trouladas sobre da súa esposa. Contábanlle que lle era infiel e que despreciaba aos seus fillos.

O rei ordenou castigar a Hildefrida, aínda que ela negaba tódalas cousas que se dicían dela. Resismundo mandou enterrala viva no alto da serra, alá onde soamente viven as aguias e poucas máis especies de animais.

Ela non facía máis ca chorar e queixarse chea de dor e desacougo pois sabía que era inocente e ninguén a ía axudar a saír daquela tumba.

Por iso hai xente que di que os que por alí van aínda hoxe se escoitan os seus queixumes polo medio das penas, alá enriba no que hoxe lle chaman a Serra da Faladoira.



Mª José Villalba