martes, 5 de febrero de 2013

Parroquia de Espasante

Esta parroquia situada entre as dúas puntas máis saíntes ao norte da Península Ibérica  chamadas Cabo Ortegal  e Estaca de Bares, conxuntamente coas parroquias de Santa Eulalia de Ladrido e San Xulián de Céltigos, San Xulián de Loiba, todas elas pertencentes ao Moi Nobre Concello de Santa Marta de Ortigueira, ten unha poboación de habitantes, dos cales e dende tempos moi remotos, unha cuarta parte destes o seu medio de vida, ou ingresos monetarios viñan da dedicación á agricultura, mentres que os outras tres cuartas partes da mesmas, se dedicaban á arte da pesca dende tempos moi remotos.

Ao principio, nunhas embarcacións de moi pequena tonelaxe, non pasando de 9 metros de eslora, a súa especialidade era a pesca con arte de cerco, capturando sardiña, xurelo (chicharro), verdel (cabala) e outras especies dunha navegación a media altura entre os 8 e 1 metro da superficie do mar. Próximos á praia da Concha, existían unhas fábricas de conservas e outras de salgadura e prensado, cuxas mesmas, existen e resisten ao paso dos anos, para comercializar o peixe capturado por esas embarcacións e envialo ás prazas de Madrid e Barcelona respectivamente para a súa venda. Esta pequena frota, pois non pasaba de 8 unidades en total sobre os anos 1950, foise ampliando chegando a alcanzar as 25 unidades nos anos 1955, 1957 todas elas dunha tonelaxe moi superior ás anteriores cuxa misión consistía na pesca da anchoa no litoral Vasco e Vasco-Francés nos meses de marzo-maio para regresar a este porto e pasar á pesca de bonito nos meses de xuño, a novembro, e de novembro a febreiro do ano seguinte á pesca do peixe espada e marraxo (quenlla) vendendo as súas capturas nas distintas lonxas de pescado de todo o litoral dende Vigo, ata o País Vasco menos neste porto por non ter nin zona portuaria, nin lonxa de peixe, nin ningún tipo de abastecemento nin de combustible para os seus motores, nin xeo para conservación das capturas ata chegar a porto para a súa venda. A partir do ano 1970, esta gran frota pesqueira deste Porto de Espasante, deixou de existir por falta fundamentalmente dos servizos citados tendo na actualidade unha pequena frota de embarcacións de recreo (7" lista) cun total dunhas 75 unidades máis 8 unidades de profesionais (3¨lista) dedicadas estas ultimas á pesca de baixura que tamén desaparecerán en moi curto prazo por falta de porto de refuxio xa que a dársena é totalmente aberta aos ventos do Sur-oeste e atascada de area quedando en baixamar varadas e as de máis fóra na dársena con 40 centímetros de auga á quilla das embarcacións.

Por José Sierra